O Carballiño, 8 de abril de 2019.- O Rallye Ourense Termal 2019 será unha das oito probas automobilísticas puntuables para o Súper Campeonato de España, e nesta 52 edición, O Carballiño e a comarca serán protagonistas o sábado 8 de xuño. Así o concertaron a organización da rallye e o concello do Carballiño, que quere aproveitar a gran trascendencia deste evento deportivo do máximo nivel autonómico e nacional para promocionar a vila do Arenteiro como lugar de celebración de grandes eventos e como destino turístico.
Un dos tramos de asfalto rematará no Carballiño, onde se establecerá un parque de control.
O CARBALLIÑO E A COMARCA SERÁN PROTAGONISTAS O 8 DE XUÑO DO 52 RALLYE OURENSE TERMAL 2019, PUNTUABLE PARA O SÚPER CAMPEONATO DE ESPAÑA
