O teniente alcalde e concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, asistiron hoxe en Fitur ao acto de presentación da campaña turística CON SABOR PROPIO 2019 do xeodestino O Carballiño-O Ribeiro.
Ao acto tamén asistiron a secretaria de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o alcalde Leiro, a concelleira e Cultura de Boborás e o presidente do consello regulador da D.O. Ribeiro.
A Fsta do Pulpo, a Feira do Viño do Ribeiro, a Festa do Pan de Cea, e outros eventos festivos e gastronómicos, así como demáis potencialidades destas comarcas, foron presentadas como principais reclamos desta campaña.
Dacal e Fernández aproveitaron esta feira de Fitur para reunirse con representantes do Consorcio de Turismo da Xunta, así como con diversos medios para seguir incidindo na promoción do turismo no Carballiño, cuxos pilares son o termalismo, a gastronomía e o patrimonio natural e cultural, segundo dixo na presentación José Manuel Dacal, que incidiu sobre todo na tradición pulpeira.
Neste senso asegurou que « se existe unha capital mundial do pulpo, esa é O Carballiño».