Co gallo da celebración do 25 aniversario da entidade, o Centro de Estudios Chamoso Lamas programa para este domingo, 28 de xullo, ás 11,00 h., un percorrido histórico polas rúas e prazas do Carballiño.
Esta ruta urbana pola historia dos persoeiros, as xentes e as edificacións máis salientables da vila, que se organiza baixo a denomnación “de vagar”, estará guiada polos integrantes do centro de estudios e terá unha duración aproximada de dúas horas.
O punto de partida será o Asilo de Anciáns Desamparados, e non é preciso inscribirse previamente senón acudir a ese lugar ás 11,00 h.