Por cuarto ano consecutivo, o Centro de Estudios Chamoso Lamas, en colaboración co concello do Carballiño e a Asociación de Veciños de Madarnás, organiza este sábado, 6 de outubro, unha nova andaina nocturna aos petroglifos de Cangues. Estará guiada polos arqueólogos e historiadores desta entidade, e partirá do local social de Madarnás. A hora do encontro será ás 20,30 h.
Para participar na andaina non é preciso realizar ningunha inscrición previa, pero recoméndase acudir con lanterna, calzado cómodo, chaleco reflectante e roupa de abrigo. O percorrido de ida e volta é duns 6 kilómetros, aproximadamente.
Nesta andaina visitaranse novos pegtroglifos que non se incluiron nas andainas anteriores, polo que é un aliciente máis para participar nesta ruta de gran interese arqueolóxico, que estará dirixida polos investigadores Jorge Lamas, Adolfo Otero e Xosé Luis Sobrado.
En Cangues (O Irixo), hai máis de 18 rochas con grabados de arte rupestre, creando unha área arqueolóxica datada no 2.500 a.C. Nestas rochas pódense ver figuras xeométricas como espirales, círculos concéntricos e figuras antropomorfas. A visión nocturna con luz especial permite observar o relevo das figuras dun xeito especial que non se percibe á plena luz do día.