O Centro de Información da Muller convoca mañá, 8 de marzo, unha concentración na Praza Maior, que terá lugar ás 12,45 h., ao remate do acto institucional que se celebrará no concello.
Este acto desenvolverase a partir das 12,00 h., no salón de plenos, e contará coa participación dos centros educativos Bo Día Familia e Escola Infantil Trastes; Cruz Vermella, Aspadisi, Asdifica e as asociación de mulleres. Ao remate actuarán a cantante Marta Bravo e o guitarrista Héctor Lorenzo.
Así mesmo, neste acto, no que se dará lectura a unha declaración institucional, entregaranse os premios do VIII Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: Menores en igualdade”.