A proxección terá lugar no auditorio Manuel María ás 20,00 h., en versión dobrada ao castelán, e ás 22,30 h., en VOS.
Sinopse
Silvio Berlusconi atópase no momento máis complicado da súa carreira política, ven de saír do goberno e coas acusacións de corrupción e de conexión coa mafia a punto de chegar ao xulgado.
Sergio Morra é un atractivo home feito a si mesmo que soña con dar un pulo aos seus cuestionables negocios de provincia a unha escala internacional. O camiño máis rápido para conseguilo é achegarse a Silvio. Mais só hai unha forma de chamar a atención de Il Cavaliere: as festas, a extravagancia e o exceso.
Ficha técnica
Director: Paolo Sorrentino
Produción: Carlotta Calori, Francesca Cima, Nicola Giuliano e Viola Prestieri
Montaxe: Crisitano Travaglioli
Música: Lele Marchitelli
Guión: Paolo Sorrentino e Umberto Contarello