Cine Club Carballiño cumpre 50 anos de actividade, pois constituiuse por un grupo de carballiñeses afeccionados ao cine en 1969. E para celebrar esta efemérides pon en marcha unha programación especial que se desenvolverá ao longo deste ano 2019.
En primeiro lugar, vai facer un ciclo conmemorando o medio século de existencia con 5 películas “especiais”, unha por década. Comenzará o domingo día 20 ás 19:00 horas repetindo a proxección da que fora primeira sesión do cine club, coa película de F. Truffaut Farenheit 451, todo un clásico do cinema.
O resto do ciclo está integrado por outras catro grandes obras mestras: Dersu Uzala, de Akira Kurosawa; Cinema Paradiso, de Giuseppe Tornatore; Secretos y mentiras, de Mike Leigh; e 21 gramos, de Alejandro González Iñárritu.
Proxectarase unha película ao mes dende xaneiro a maio. Todas as proxeccións serán no auditorio municipal Manuel María en horario de 19:00 horas.