Este venres día 19, o Cine Club Carballiño comeza unha serie de proxeccións adicadas ao cine español co gallo da celebración dos premios Goya. A primeira delas é Handia, película vasca nominada en 13 categorías, incluindo a de mellor película, director e guión. Obtivo tamén o Premio especial do Xurado no Festival de San Sebastián e colleitou unhas excelentes críticas, tanto da prensa especializada como do público. É sen dúbida unha das mellores películas españolas do ano 2017 e unha das grandes favoritas nos Goya. Os pases serán coma sempre ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Municipal Manuel María.
Nesta ocasión, aparte do noso sorteo trimestral cheo de premios, imos facer outro sorteo nestas dúas sesións en colaboración coa libraría Escolma: Historias de cine, un libro de relatos que inspiraron grandes películas da historia do cine.