Esta semana o Cine Club proxecta dúas películas para pechar a tempada 2017-2018. O xoves, día 24, dentro do ciclo de CiNed, proxectarase ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Manuel María un dos grandes clásicos do cine europeo, El verdugo, de Berlanga. A entrada é totalmente libre. Este ciclo o organiza o IES Chamoso Lamas en colaboración co CGAI e a Área de Cultura do Concello do Carballiño.
O venres día 25 de maio péchase a tempada coa proxección da comedia española Muchos hijos, un mono y un castillo, de Gustavo Salmerón, onde repasa a historia da súa propia familia nunha película que percorreu con éxito numeroso festivais nacionais e internacionais, e coa que se pretende deixar un agradable sabor de boca aos espectadores. Os pases serán coma sempre ás 20:00 e ás 22:30 horas.
MUCHOS HIJOS, UN MONO Y UN CASTILLO
SINOPSE
Julita, a nai, cumpriu todos os seus soños de ter unha familia numerosa, un mono e un castelo, e agora sofre os efectos da crise económica, sen diñeiro para poder manter o seu impoñente inmoble. Pola súa iniciativa e tacto consegue ir mantendo á familia a flote.
FICHA
Dirección: Gustavo Salmerón
Guión: Gustavo Salmerón, Beatriz Montañez, Raúl de Torres
Produción: Gustavo Salmerón
Dirección de Fotografía: Gustavo Salmerón
Montaxe: Raúl de Torres, Dani Urdiales
Música: Mastretta
TECNICA
Título orixinal: Muchos hijos, un mono y un castillo
Duración: 90’
Ano: 2017 P
País: España
FICHA ARTÍSTICA
Documental
Galardóns
- Premios Goya 2017: Mellor Documental
O director, Gustavo Salmerón (1970, Madrid, España) Dende moi neno comeza a interesarse polo cine e a rodar curtametraxes caseiras cos seus irmáns. A pintura é outra das súas paixóns, pero finalmente a actuación, concretamente o teatro, gáñalle a partida ás artes plásticas, Así pois, a pesar de ter asistido ao prestixioso Art Institute de Chicago, e de matricularse posteriormente na Facultade de Belas Artes de Madrid, comeza a facer traballos en teatro e televisión, pasando a completar a súa formación como actor en Nova Iork e Cuba. Debuta da man de Julio Médem en 1993 no film La ardilla roja. Comeza entón a traballar tanto para directores consagrados, como Mario Camus ou Manuel Guitérrez Aragón, coma para directores noveis. Entre as súas películas destacan: El rey del río (1995), Más que amor, frenesí (1996), Lluvia en los zapatos (1998), La playa de los galgos (2002), Gente en sitios (2013). En 2001 dirixe unha curtametraxe, Desaliñada, pero non será ata 2017 que debute nas longametraxes con Muchos hijos, un mono y un castillo