Este sábado día 4 de maio, dentro das actividades que ven realizando o cine Club Carballiño polo 50 aniversario da entidade, proxectarase no auditorio municipal Manuel María o documental El método de los claros, do director carballiñés José Manuel Mouriño. A película analiza a vida e o pensamento da filósofa española María Zambrano.
Estrearase a versión para TVE, dunha hora de duración, e contarase coa presenza do seu director.
O pase será ás 18:00 horas e a entrada será gratuíta.
El método de los claros formula unha aproximación ao modo en que o pensamento de María Zambrano amósase influenciado por algún dos lugares que acolleron a esta pensadora ao longo dos mais de 40 anos durante os que se prolongou o seu exilio.