A proxección, que fora aplazada o pasado trimestre por motivos técnicos, terá lugar no auditorio municipal Manuel María ás 20,00 h, en versión dobrada ao castelán, e ás 22,30 h., en VOS.
Título orixinal: Lola et ses frères
Idioma: Español e VOS
Duración: 105 minutos
Ano: 2018
País: Francia
Sinopse
Lola ten dous irmáns: Benoit, que vai casar por terceira vez, e Pierre, que chega tarde á voda. Escusas, reproches, liortas, rifas… cada un vive a súa vida a súa maneira.
Posteriormente, Benoit vai ser pai sen estar preparado, Lola ven de coñecer a Zoher mentres remata os trámites do divorcio, e no tocante a Pierre, os seus problemas profesionais complícanse.
Todo semella afastar a estes tres irmáns, aínda que en realidade son inseparables.
Ficha técnica
Director: Jean-Paul Rouve
Produción: Cédric Iland, Nadia Khamlichi, Adrian Politowski
Montaxe: Jean-Christophe Bouzy
Guión: David Foenkinos, Jean-Paul Rouve
Reparto
Ludivine Sagnier, José García, Jean-Paul Rouve, Ramzy Bedia, Pauline Clément