As sesións serán ás 20,00 e 22,30 h., no auditorio municipal Manuel María.
Dirixida por Antonella Sudarsassi Furniss, esta película é un grito contra as imposicións sociais que afectan sobre todo ás mulleres nas sociedades latinoamericanas, e vén de acadar un recoñecemento internacional descoñecido ata o de agora para a filmografía do seu país, practicamente ausente das salas de cine europeas.
Sinopse
Isa é modista e vive coa súa familia nun pequeno pobo de Costa Rica. O seu marido Alcides desexa que teñan un terceiro fillo, un varón. Pero ela non quere outro embarazo. Quere enfocarse no traballo e xa ten máis que dabondo na súa vida con dúas fillas.
Ata o de agora nunca cuestionara o seu rol dentro da familia. Porén, cando se decata de que Alcides semella non estar escoitando e persiste no desexo do terceiro fillo, dáse conta de que algo debe cambiar.
Ficha técnica
Director: Antonella Sudasassi
Produción: Amaya Izquierdo
Montaxe: Lenz Claure, Raúl de Torres
Música: Sergio de la Puentre
Guión: Antonella Sudasassi
Reparto
Daniella Valenciano, Leynar Gómez, Isabella Moscoso, Avril Alpizar