Proxectarase no auditorio municipal Manuel María, ás 20,00 h., en versión en castelán, e ás 23,00 h., en versión orixinal subtitulada. Pola súa longa duración (case tres horas) este segundo pase será ás 23:00 horas en VOS.
Hasta siempre hijo mío está dirixida por Wang Xiaoshuai. É un fermoso e preciso melodrama de corte clásico que nos amosa a historia do xigante asiático dende os anos 80 ata hoxe a través da vida de dous matrimonios amigos. Recoñecida pola crítica de xeito unánime como unha grande obra, conta ademais con dúas magníficas interpretacións dos seus actores protagonistas, recoñecidos no pasado Festival de Berlín cos premios a Mellor Actriz e Mellor Actor.