Este venres día 15 de febreiro o Cine club Carballiño continúa cunha película premiada nos Goya 2019, neste caso o premio á mellor película de animación. Un día más con vida, grabada coa técnica de rotoscopia, e gañadora tamén do Premio á Mellor pelicula de Aminación nos Premios do Cine Europeo e do Premio do Público no pasado Festival de San Sebastián, baséase no relato autobiográfico de Ryszard Kapuscinski dos derradeiros días de Angola como colonia portuguesa.
O primeiro pase sufrirá unha variación con respecto ao noso horario habitual, sendo ás 20:30. O segundo será coma sempre ás 22:30 horas, neste caso en VOS.
Título orixinal: Another day of life
Lugar: Auditorio Municipal Manuel María
Duración: 82 minutos
Ano: 2017
País: España – Polonia
Sinopse
Relato autobiográfico de Ryszard Kapuscinski, que narra os derradeiros días de Angola coma colonia portuguesa en 1975 e as terribles consecuencias desta descolonización: unha guerra civil que asolou a rexión ata fai ben pouco.
Ficha técnica
Director: Raúl de la Fuente, Damian Nenow
Produción: Amaia Remírez, Jaroslaw Sawko
Montaxe: Raúl de la Fuente
Música: Mikel Salas
Guión: Raúl de la Fuente, Amaia Remírez, Niall Johnson, David Weber, Damian Nenow
Baseado en Novela: segundo o libro homónimo de Ryszard Kapuscinski
Premios
o Goya 2019: Mellor Película de Animación
o Festival de San Sebastián 2018: Premio do Público
o Premios do Cine europeo 2018: Mellor Film de Animación