As sesións serán ás 20,00 e 22,30 h., esta última en VOS.
Sinopse
Colaboración entre a veterana directora Agnès Vardà e o artista gráfico urbano e fotógrafo francés JR (Jean René), que conforman un proxecto artístico no que percorren Francia nun camión especialmente equipado cunha cabina fotográfica portable e unha impresora, sacando fotos da xente por todo o país, co obxectivo de crear un colosal mural de individuos, comunidades e lugares.
Ao longo de viaxe formarán unha amizade ao tempo que charlan e exploran as súas visións do mundo.
Premios
o Festival de Toronto 2017: Mellor Documental
o Círculo de Críticos de Nova York 2017: Mellor Documental