A proxección terá lugar no auditorio municipal ás 20,00 e 22,30 h., ambas en versión dobrada ao castelán
Trátase dunha experiencia cinematográfica no Carballiño realmente sorprendente: Loving Vincent, unha película feita con máis de 56.000 pinturas ao óleo realizadas por 115 pintores profesionais. Cada fotograma é un cadro pintado seguindo a técnica de Van Gogh. É a primeira película de animación completamente pintada, na que se contan os últimos día da vida do pintor Vincent van Gogh. Recibiu premios en numerosos festivais, sendo considerada a mellor película de animación europea o pasado ano.
SINOPSE
Primeira longametraxe composta por pinturas animadas. Cada fotograma é un cadro pintado sobre óleo, tal e como o propio Vincent van Gogh o tería pintado. 56.800 fotogramas creados por artistas excelentes ao longo de varios anos, inspirándose no estilo e o arte do xenial pintor.