Este venres día 26 de outubro O Cine Club Carballiño proxecta “El hilo invisible”, a última película de P. T. Anderson e protagonizada por Daniel Day-Lewis, gañadora do Oscar ao Mellor vestiario, con outras cinco nominacións en diferentes categorías, e premiada en varios festivais, sobre todo pola súa banda sonora. O pase das 20:00 horas será dobrado ao castelán, e o das 22:30 en VOS.
Sinopse
No Londres da posguerra, en 1950, o famoso modisto Reynolds Woodcock e a súa irmá Cyril están á cabeza da moda británica, vestindo á realeza e a toda muller elegante da época.
Un día, o solteiro Reynolds coñece a Alma, unha doce rapaza que pronto se converte na súa musa e na súa amante. E a súa vida, coidadosamente controlada e planificada, verase alterada pola irrupción do amor.
Ficha técnica
Director:
Paul Thomas Anderson
Produción:
Paul Thomas Anderson, Megan Ellison, Daniel Lupi, Joanne Sellar
Montaxe:
Dylan Tichenor
Música:
Jonny Greenwood
Guión:
Paul Thomas Anderson
Reparto
Daniel Day-Lewis, Vivky Krieps, Lesley Manville, Richard Graham, Bern Collaco, Jane Perry, Camilla Rutherford, Pip Phillips
Duración: 130 minutos
Ano: 2017
País: Estados Unidos