As sesións serán no auditorio municipal ás 20:00h en versión dobrada e ás 22:30h en VOS.
SINOPSE
Leo ten 22 anos e vende o seu corpo por un pouco de diñeiro. Os homes van e veñen. O trato particular do rapaz consiste en facer que os seus clientes non so se sintan satisfeitos sexualmente senón que, ademais, se sintan protexidos e queridos, pero realmente é o propio Leo quen necesita esa protección, quen vai buscando o afecto en calquera lugar onde poda obtelo.
FICHA
Dirección: Camille Vidal-Naquet
Guión: Camille Vidal-Naquet
Produción: Emmanuel Giraud, Marie Sonne-Jensen
Dirección de Fotografía: Jacques Girault
Dirección de Produción: Charlotte Casamitjana
Montaxe: Elif Uluengin
Música: Romain Trouillet
TÉCNICA
Título orixinal: Sauvage
Duración: 98’
Ano: 2018
País: Francia
Idioma: V.O.S.
FICHA ARTÍSTICA
Félix Maritaud, Eric Bernard, Nicolas Dibla, Philippe Ohrel, Marie Seux, Lucas Biéger
O director, Camille Vidal-Naquet (1972, Nevers, Francia)
Licenciado, e cun Máster, en Literatura, Camille Vidal-Naquet escribe e dirixe unha curtametraxe experimental en linguaxe de signos, Génie e posteriormente Backstage. Por un tempo deixa a dirección para dedicarse a ensinar análise fílmico, ata que finalmente consegue levar adiante o seu proxecto Sauvage, a súa ópera prima, na que pasou tres anos estudando o terreo sobre o que ía realizar a súa obra colaborando coa asociación Aux captives, la libération, que dende 1981 intenta axudar a xente que vive na rúa.