A película conta cunhas excelentes interpretacións de Javier Bardem, Penélope Cruz e Ricardo Darín. Os pases serán coma sempre no Auditorio Municipal Manuel María ás 20:00 e ás 22:30 h.
SINOPSE
Laura viaxa coa súa familia dende Bos Aires ata o seu pobo natal en España para asistir á voda da súa irmá. O que ía ser unha breve visita familiar verase trastornada por uns contecementos imprevistos que sacudirán as vidas dos implicados .
FICHA
Dirección: Asghar Farhadi
Guión: Asghar Farhadi
Produción: Álvaro Longoria, Alexandre Mallet-Guy
Dirección de Fotografía: José Luís Alcaine
Dirección de Produción: María Clara Notan
Montaxe: Hayedeh Safiyari
Música: Javier Limón
TECNICA
Título orixinal: Todos lo saben
Duración: 130’
Ano: 2018
País: España
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA
Penélope Cruz, Javier Bardem, Ricardo Darín, Eduard Fernández, Bárbara Lennie, Elvira Mínguez e Inma Cuesta
Galardóns • Fotogramas de Prata 2019: Mellor Actriz (Penélope Cruz)