As sesións serán no auditorio municipal ás 20,00 e 22,30 h., esta última en VOS.
Duración: 114 minutos
Ano: 2017
País: Francia
Sinopse
La Ciotat, sur de Francia. Antoine acode a un obradoiro de escritura no que un grupo de rapaces foi seleccionado para escribir un thriller policial coa axuda de Olivia, unha famosa novelista.
O proceso creativo fai fincapé no pasado industrial do pobo, un tipo de nostalxia que deixa indiferente a Antoine, máis preocupado polos temores do mundo moderno. Así, pronto chocará co grupo e Olivia.
Ficha técnica
Director: Laurent Cantet
Produción: Denis Freyd
Montaxe: Mathildre Muyard
Música: Edouard Pons, Bedis Tir
Guión: Robin Campillo, Laurent Cantet
Reparto
Marina Foïs, Matthieu Lucci, Florian Beaujean, Mamadou Dumbia, Mélissa Guilbert, Warda Rammach, Julien Souve.