Será coma sempre no auditorio municipal Manuel María, e haberá dous pases: ás 20,00 e 22,30 h.
SINOPSE
Eva é unha rapaza de trinta e tres anos que fai da súa decisión de quedar en agosto en Madrid un acto de fe. Necesita sentir as cousas de certa maneira e pensa no verán coma unha época de oportunidades. Neses días de festa e verbena vanse sucedendo encontros e azares, e Eva descubrirá que aínda ten tempo, que aínda pode darse unha oportunidade.
FICHA
Dirección: Jonás Trueba
Guión: Itsaso Arana, Jonás Trueba
Produción: Javier Lafuente
Dirección de Fotografía: Santiago Racaj
Montaxe: Marta Velasco
TÉCNICA
Título orixinal: La virgen de agosto
Duración: 129’
Ano: 2019
País: España
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA
Itsaso Arana Vito Sanz, Joe Manjón, Isabelle Stoffel, Luis Heras, Mikele Urroz .
O director, Jonás Trueba (1981, Madrid, España)
Fillo de Fernando Trueba e Cristina Huete, comeza no mundo do cine coma guionista, participando en varias películas, entre elas El baile de la victoria (2009), guión polo que foi nominado ao Goya ao Mellor Guión Adaptado. Posteriormente, escribiu e dirixiu as longametraxes Todas las canciones hablan de mí (2010), pola que foi nominado ao Goya ao Mellor Director Revelación, e Los ilusos (2013). Con Los exiliados románticos (2015) gañou o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Málaga. Tras La reconquista (2016) leva a cabo un proxecto cinematográfico que, baixo o nome de Quien lo impide, pretende aproximarse aos adolescentes de hoxe, transcendendo os formatos de película tradicional e as súas canles habituais de difusión. Compaxina a dirección coa docencia universitaria como profesor de Dirección Cinematográfica.