O próximo venres día 8 de febreiro o Cine Club ofrece unha das películas galardonadas nos recentes premios Goya, La noche de 12 años, premiada co Goya ao mellor guión adaptado. Esta película uruguaya está protagonizada por Antonio de la Torre, Alfonso Tort e Chino Darín, e recrea a historia real do cautiverio de tres presos Tupamaros, que foron sometidos en secreto a torturas e aillamento total pola dictadura do seu país durante 12 anos. Un deles era Pepe Mújica, que terminará sendo presidente do Uruguay e un dos políticos máis célebres do mundo.
Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Municipal Manuel María.
Duración: 122 minutos
Ano: 2018
País: Uruguai
Sinopse
Ano 1973. Uruguai está baixo o poder da ditadura militar. Unha noite de outono, nove presos tupamaros son sacados das súas celas nunha operación militar secreta. A orde é precisa: “como non os puidemos matar, imos volvelos tolos”.
Tres homes permanecerán illados durante doce anos en diminutas celas onde pasarán a maior parte do tempo atados en silencio, privados das súas necesidades básicas.
Ficha técnica
Director: Álvaro Brechner
Produción: Mariela Besuiesvky, Philippe Gompel, Birgit Kemner e Fernando Sokolowicz.
Montaxe: Irene Blecua e Nacho Ruíz Capillas
Música: Federico Jusid
Guión: Álvaro Brechner
Reparto
Antonio de la Torre, Chino Darín, Alfonso Tort, César Troncoso, Soledad Villamil, Silvia Pérez Cruz, Mirrella Pascual