Será no auditorio municipal ás 20,00 h., en versión dobrada ao castelán, e ás 22,30 h., en VOS.
SINOPSE
Kaja, unha rapaza de 18 anos, apenas ten 12 minutos antes de que comece a matanza no campamento de verán da illa norueguesa de Utoya, o 22 de xullo de 2011. Os rapaces acampados saben da bomba estoupada por un terrorista en Oslo, pero descoñecen que Andreas Breivik atópase na illa coa intención de matar cantas máis persoas poida.
FICHA
Dirección: Erik Poppe
Guión: Erik Poppe, Siv Rajendram Eliassen, Anna Bache-Wiig
TÉCNICA
Título orixinal: Utoya, 22 juli
Duración: 93’
Ano: 2018
País: Noruega
Idioma: 20:00 Español e 22:30 V.O.S
FICHA ARTÍSTICA
Andrea Berntzen, Aleksandre Holmen, Brede Fristad, Ada Elde, Sorosh Sadat, Magnus Moen
O director, Erik Poppe (1960, Oslo, Noruega)
Creceu a cabalo entre Noruega e Portugal. Comezou coma fotógrafo para o periódico Verdens Gang e para Reuters, chegando incluso a ser premiado tanto pola prensa norueguesa como pola World Press Photo. Porén, tras estar hospitalizado un tempo por un traballo en Colombia, decide dar un rumbo a súa carreira e comeza a estudar cine en Estocolmo. Iníciase coma director de fotografía, traballo que desenvolve durante varios anos, nos que tamén é recoñecido e premiado. Sempre inconformista, dá un novo xiro a súa carreira ao abandonar definitivamente a fotografía e comezar a dirixir. Schpaaa (1998) é o seu debut, seguida de Hawaii, Oslo (2004) e DeUsynlige (2008), que conforman a súa persoal triloxía sobre Oslo. Mil veces buenas noches (2013) é a súa seguinte obra, esta vez en lingua inglesa, e en certa forma, autobiográfica. La decisión del rey (2016) foi a súa película anterior.