Este venres día 28 o cine club proxecta sen dúbida a película do ano, Parásitos. Éxito de público, conseguiu tamén o favor da crítica e dos xurados de dous dos máis prestixiosos galardóns do mundo do cinema. Palma de Ouro no Festival de Cannes, convertiuse fai pouco na primeira película de fala non inglesa en gañar o Oscar á Mellor Película, aparte doutros 3 Oscar máis, entre eles os de mellor director e mellor guión. Outros 15 premios máis avalan a súa calidade. Mezcla de comedia, drama, comedia negra e thriller, é sen dúbida a obra que consagra definitivamente ao seu director, Bong Joon-ho entre os grandes cineastas do século XXI.
Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.
Sinopse
Tanto Gi Taek como a súa familia están sen traballo. Cando o fillo maior empeza a dar clases particulares na casa de Park, as dúas familias, que teñen moito en común a pesares de pertencer a mundos totalmente distintos, comezan unha interrelación de resultados imprevisibles…
Ficha técnica
Director: Bong Joon-ho
Produción: Young-Hwang Jang, Bong Joon-ho, Sin-ae Kwak, Yang-kwon Moon
Montaxe: Jimmo Yang
Música: Jaeil Jung
Guión: Bong Joon-ho, Jin Won Han
Reparto
Song Kang-ho, Lee Seong-gyun, Jang Hye-jin, Cho Yeo-jong, Choi Woo-sik, Park So-dam, Park Seo-joon
PREMIOS
-
- Festival de Cannes 2019: Palma de Ouro
- Premios Oscar 2020: Mellor Película. Mellor Director, Mellor Guión Orixinal e Mellor Película Internacional
- Globos de Ouro 2020: Mellor Película de Fala Non Inglesa
- Premios BAFTA 2020: Mellor Guión Orixinal e Mellor Película de Fala Non Inglesa