Proxectarase ás 20,00 e 22,30 h., esta última en VOS.
SINOPSE
París, principios dos anos 90 do pasado século. Un grupo de rapazas e rapaces activistas intenta xerar conciencia sobre a SIDA. Un novo membro do grupo, Nathan, quedará sorprendido ante a radicalidade e enerxía de Sean, que gasta o seu derradeiro folgo na loita.
FICHA
Dirección: Robin Campillo
Guión: Robin Campillo, Philippe Mangeot
Produción: Hugues Charbonneau, Marie-Ange Luciani
Dirección de Fotografía: Jeanne Lpoirie
Montaxe: Robin Campillo, Stephanie Leger, Anita Roth Música: Arnaud Rebotini
TECNICA
Título orixinal: 120 battements par minute
Duración: 143’
Ano: 2017
País: Francia
Idioma: 20:00: Español 22:30 V.O.S.
FICHA ARTÍSTICA
Nahuel Pérez Biscayart, Adèle Haenel, Yves Heck, Arnaud Valois, Emmanuel Ménard, Antoine Reinartz, François Rabette
PREMIOS
- Festival Internacional de Cannes 2017: Gran Premio do Xurado (Palma de Ouro)
- Premios do Cine Europeo 2017: Mellor Montaxe (Robin Campillo)
- Círculo de Críticos de Nova York 2017: Mellor Película Estranxeira
- Críticos de Os Ánxeles 2017: Mellor Película Estranxeira
O director, Robin Campillo (1962, Mohammédia, Marrocos) Realizador, guionista e montador francés. Formouse no Instituto de Altos Estudios Cinematográficos (IDHEC) en París. Alí coñece o que será tamén outro prestixioso director francés: Laurent Cantet, con que co-escribe e monta as películas El empleo del tiempo (2001), Hacia el sur (2005) e La clase (2008) pola que obteñen a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes. Dirixe a súa primeira longametraxe en 2004: La resurrección de los muertos, que posteriormente inspirará unha serie de televisión. Ata 2013 non volve poñerse tras as cámaras para dirixir Eastern Boy, que tamén escribe e monta. Coa seu terceiro filme, 120 pulsaciones por minuto (2017) obtén, entre outros premios, a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes.