Terá lugar no auditorio municipal ás 20,00 e 22,30 h., esta última en VOS.
SINOPSE
Maud Dowley é unha muller de Nova Escocia que soña con independizarse da súa protectora familia. Everett Lewis é un esquivo pescador local que busca asistenta. Tras ver o anuncio, Maude non dubida en mudarse á casa de Everett. O que comeza sendo unha difícil convivencia entre polos opostos, irase transformando nunha historia de amor.
FICHA
Dirección: Aisling Walsh
Guión: Sherry White
Produción: Bob Cooper, Susan Mullen, Mary Sexton, Mary Young Leckie
Dirección de Fotografía: Guy Godfree
Dirección de Produción: John Hand
Montaxe: Stephen O’Connell
Música: Michael Timmins
TECNICA
Título orixinal: Maudie
Duración: 115’
Ano: 2016
País: Canadá
Idioma: 20:00: Español 22:30: V.O.S.
FICHA ARTÍSTICA
Sally Hawkins, Ethan Hawke, Kari Matchett, Gabrielle Rose Zachary, Bennett Billy MacLellan, Marthe Bernard
A directora, Aisling Walsh (1958, Dublín, Irlanda) Estudou Arte no Instituto de Arte, Deseño e Tecnoloxía de Dun Laoghaire, xa que daquela non existía ningún tipo de estudo audiovisual, aínda que si existía un círculo ao que se uniu, comezando a facer as súas primeiras curtametraxes. Tras reunir diñeiro suficiente, foi estudar A Escola Nacional de Cine de Beaconsfield no Reino Unido. Dirixiu multitude de episodios para series de televisión e en 2003 acada certo éxito coa súa película Los niños de San Judas. De todas formas, continuou coa súa carreira na televisión, dirixindo en 2008 The Daisy Chain, e xa en 2016, Maudie.