Haberá dobre sesión, ás 20,00 h., e ás 22,30 h., esta última en VOS.
A película está dirixida por Rubén Östlund e, ademáis da Palma de Ouro á Mellor Película no último Festival de Cannes, conta con 6 galardóns dos Premios do cine Europeo 2017, entre eles o de Mellor película.
Sinopse
Christian, mánager dun museo de arte contemporánea, encárgase dunha exhibición titulada “The Square”, na que hai unha instalación que fomenta valores humanos e altruístas. Cando contrata a unha axencia de relacións públicas para difundir o evento, a publicidade produce malestar no público.