Calificada pola crítica de obra mestra, Cold War, do director polaco Pawel Pawlikowski, é un romance ambientado na guerra fría do que se teñen escrito cousas como esta: “la más bella y triste historia jamás contada” (Luis Martínez, Diario El Mundo); “esta película resulta imprevisible, poderosa, lírica compleja y veraz; otra obra maestra del director” (Carlos Boyero, El País). Nominada ao Oscar á mellor película estranxeira, recoñecida como tal polo Círculo de Críticos de NY,Mellor director no Festival de Cannes, 4 nominaciones nos premios BAFTA, 5 premios do Cine Europeo, entre eles mellor director, película guión… e tamén nominada nos nosos premios Goya como mellor película europea. A semana pasada proxectáronna os nosos compeñeiros do Cine Club Padre Feijoo e quedou xente fora nas tres sesións. Sen dúbida, todo un acontecemento cinematográfico.
O pase das 20.00 será en versión dobrada ao castlán, e o das 22:30 horas serán en VOS.
SINOPSE
Coa guerra fría coma pano de fondo, Cold War presenta unha apaixonada historia de amor entre dúas persoas de diferente orixe e temperamento que son totalmente incompatibles, pero cuxo destino condénaos a estar xuntos.
FICHA
Dirección: Pawel Pawlikowski
Guión: Pawel Pawlikowski, Janusz Glowacki, Piotr Borkowski
Produción: Ewa Puszczynska, John Woodward
Dirección de Fotografía: Lukasz Zal
Dirección de Produción: Marcel Slawinski, Katarzyna Sobanska-Strazalkowska
Montaxe: Jaroslaw Kaminski
TECNICA
Título orixinal: Zimna wojna
Duración: 88’
Ano: 2018
País: Polonia
Idioma: 20:00 V.O.S. e 22:30 V.O.S.
FICHA ARTÍSTICA
Joanna Kulig, Tomasz Köl, Agata Kulesza, Boris Szyc, Cédric Kahn, Jeannre Balibar, Adam Woronowicz .G
Galardóns
• Festival de Cannes 2018: Mellor Director
• Premios do Cine Europeo 2018: Mellor Película, Director, Guión, Montaxe e Actriz