Dentro da programación especial polo 50 aniversario do Cine Club, e contando coa presencia do produtor e coguionista Emilio J. Fernández, esta entidade proxecta hoxe, xoves 2 de maio, ás 20,15 h., na libraría Escolma, o documental Vigo 1972. A entrada é de balde ata completar o aforo.
Lugar: Libraría Escolma
Duración: 62 minutos
Ano: 2019
Sinopse
O despido de cinco traballadores da factoría Citröen, que reclamaban a xornada laboral de 44 horas, derivou nunha folga xeral que paralizou, durante quince días, a comarca de Vigo en 1972.
Ficha técnica
Director: Roi Cagiao
Produción: Emilio J Fernández
Montaxe: Damián Varela, Roi Cagiao
Música: Iván Salgado e Diego Mosquera
Guión: Roi Cagiao, Emilio J Fernández
Reparto
Waldino Varela, Juan Benavides, Carlos Núñez, Carlos Barros, Elvira Landín,
José Iglesias, Juan Bacariza, Francisco Lores, Rafael Pillado, Camilo Nogueira, Pilar Pérez e Margarita Rodríguez.