Os dous pases serán en VOS, tanto o das 20:00 horas como o das 22:30 horas, no Auditorio Municipal Manuel María. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración un ano máis.
SINOPSE
Tras escapar dunha emboscada, un sicario enfermo volve á súa cidade natal de Galveston onde planea a vinganza. Roy Cady é un asasino a soldo en Nova Orleáns diagnosticado de cáncer de pulmón aos 40 anos. Ante a sospeita de que o seu xefe quere eliminalo, Roy trata de fuxir cara a un horizonte descoñecido. No seu camiño atopará unha rapaza desamparada que lle brindará a oportunidade de darlle un novo sentido á súa vida.
FICHA
Dirección: Mélanie Laurent
Guión: Nic Pizzolatto, segundo a súa propia novela.
Produción: Tyler Davidson.
Dirección de Fotografía: Arnaud Potier.
Dirección de Produción: Lisa Myers.
Montaxe: Joseph Krings.
Música: Marc Chouarain, Eugenie Jacobson.
TECNICA
Título orixinal: Galveston
Duración: 94’
Ano: 2018
País: EEUU
Idioma: V.O.S
FICHA ARTÍSTICA
Ben Foster, Elle Fanning, Lili Reinhart, María Valverde, Beau Bridges, Robert Aramayo, Adepero Oduye.
A directora, Mélanie Laurent (1983, París, Francia) Cantante, actriz, directora e escritora francesa, entrou no mundo do cine case por casualidade cando foi invitada polo actor Gérard Depardieu a participar no film Un puente entre dos ríos (1999). A partir de aí comezou a traballar coma actriz en diferentes películas, acadando a fama definitivamente en 2005 con De latir mi corazón se ha parado. E en 2007 obtén o Premio César á Mellor Actriz por Je vais bien, ne t’en fais pas. Internacionalmente é recoñecida tras participar en Malditos Bastardos (2009). Aínda que continúa actuando, xa a partir de 2008 comeza a interesarse por escribir e dirixir. Ese ano debuta cunha curtametraxe, De moins en moins, e xa en 2011 leva a gran pantalla a súa primeira longametraxe: Les adoptés. Respire (2014) e Plonger (2017) son as súas seguintes obras. Galveston (2018) supón o seu salto internacional, e a primeira obra que dirixe sen ser autora do guión ao mesmo tempo.