A proxección terá lugar no auditorio municipal Manuel María ás 20,00 e 22,30 h.
SINOPSE
Dúas adolescentes de 17 anos, María e Susana, atópanse en Segovia no campamento de verán cristián “A Brúxula”, ó que van dende nenas. Ambas senten paixón polo reggaeton e o electro-latino, pero as aparicións de Deus a María comezarán a cambiar as súas vidas.
FICHA
Dirección: Javier Ambrossi, Javier Calvo
Guión: Javier Ambrossi, Javier Calvo
Produción: José Corbacho, Kike Maíllo, Jorge Javier Vázquez
Dirección de Fotografía: Miguel Amoedo
Dirección de Produción: Roger Bellés
Montaxe: Marta Velasco
Música: Leiva
TECNICA
Título orixinal: La llamada
Duración: 108’
Ano: 2017
FICHA ARTÍSTICA Macarena García Anna Castillo Belén Cuesta Gtacia Olayo Richard Collins-Moore
Os directores, Javier Ambrossi(1984, Madrid, España), Javier Calvo (1991, Murcia, España). Javier Ambrossi é un actor, presentador e creador teatral español, irmán da actriz Macarena García. Estudou periodismos e dramaturxia antes de empezar a actuar, primeiro en publicidade e posteriormente en series en series coma El comisario, Hermanos y detectives, Sin tetas no hay paraíso ou Amar en tiempos revueltos. Xunto a súa parella, o tamén actor Javier Calvo, escribiu e dirixiu montaxes teatrais, coma o exitoso musical La llamada (2013), polo que gañou o premio Broadway World ao mellor Director Artísitico. Javier Calvo é un actor e director español. Dende moi neno leva actuando en teatro e televisión, facéndose popular na serie Física y Química. Xunto a súa parella, o tamén actor Javier Ambrossi, escribiu e dirixiu montaxes teatrais, coma o exitoso musical La llamada (2013), encargándose ambos tamén da súa adaptación ao cine.