As proxecións terán lugar no auditorio municipal Manuel María no horario habitual, ás 20,00 e 22,30 h., esta última en VOS.
SINOPSE
Oliver, un director de cine asentado en Os Anxos, descobre unha noite nunha web erótica que a protagonista dun dos explícitos vídeos é a súa irmán pequena Aurora. Sorprendido e confuso, decide viaxar a Madrid, comezando así unha busca obsesiva de respostas, unha viaxe íntima cara á turbación e a verdade da imaxe, unha historia de dominación e manipulación, sobre os límites da moral e a perda da inocencia vital e audiovisual.
FICHA
Dirección: Pedro Aguilera
Guión: Pedro Aguilera, Juan Carlos Sampedro
Produción: Pedro Aguilera, Cristina Gallego, Jorge Manrique Behrens, Antonello Novellino
Duración: 94’ Ano: 2017
FICHA ARTÍSTICA Ivana Baquero Julio Perillán Lucía Guerrero Nicolás Coronado Juan Pablo Shuk
Galardóns
- Festival de Cine Español de Málaga 2017: Mellor Actriz (Ivana Baquero) e Actor (Julio Perillán)
O director, Pedro Aguilera (1978, San Sebastián, Guipúscoa, España) Tras licenciarse en Belas Artes na Complutense de Madrid, traballou coma debuxante de storyboards para varias axencias de publicidade. Posteriormente comezou a escribir, dirixir e producir varias curtametraxes. En México traballou coma axudante de dirección do director Carlos Reygadas. La influencia (2007) supuxo o seu debut cinematográfico, encargándose tamén de escribir o guión. Foi seleccionada na Quincena de Realizadores do Festival Internacional de Cannes, obtendo diversos premios a nivel internacional. Naufragio (2010) sería a súa segunda película, da que tamén é autor do guión, pola que obtivo unha mención espical do xurado no Festival de Sevilla. Demonios tus ojos é a súa última película ata o de agora.