A área de Cultura do concello do Carballiño convoca o Concurso de Escaparates de Nadal, establecendo tres premios de 200, 150 e 100 euros, respectivamente, para os tres establecementos comerciais que se inscriban e resulten gañadores.
O prazo para a presentación da inscrición rematará o día 21 de decembro ás 13,00 h., e o fallo do xurado anunciarase o 27 de decembro.
As inscricións poden realizarse na área municipal de Cultura en horario de 08,00 a 15,00 h., de luns a venres.