O concello iniciará una experiencia piloto para verificar o funcionamento da aplicación informática creada para detectar alertas e realizar un seguimento das persoas que viven soas. Co obxectivo de ultimar esta iniciativa, hoxe tivo lugar una reunión convoca apola concelleira de Servizos Sociais, Marina Ortega, á que asistiron as traballadoras do seu departamento, así como representantes dos organismos integrados neste programa, como Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, Centro de Saúde, Cruz Bermella e Cáritas.
Unha das principais características desta aplicación é establecer os diferentes niveis de alerta, segundo da situación particular de que se trate, de modo que o programa poida ser efectivo na súa detección e seguimento, co obxectivo de axudar a estas persoas coa máxima eficiencia posible.
Actualmente hai xa varias persoas inscritas neste censo, pero mantense aberta a inscrición para todas aquelas persoas que o desexen facer dun xeito voluntario, xa que é una condición indispensable para entrar a formar parte do programa. Por isto, dende o concello anímase a estas persoas a informarse e inscribirse.