O concello do Carballiño procede a instalar novos espellos nos cruces máis conflictivos das parroquias, co obxectivo de mellorar a seguridade vial das estradas da zona rural. En concreto, acábase de colocar un espello na confluencia da estrada que sube dende o Instituto Chamoso Lamas ata a estrada Carballiño-Mesego-Cabanelas, nun cruce de moi mala visibilidade, e no que incluso houbo un accidente hai pouco tempo. No que vai de lexislatura xa se puxeron 12 novos espellos en Arcos, Seoane, O Barón, Saa, As Caldas de Partovia, Mesego e Miomás. E está previsto colocar máis noutros lugares nos próximos meses.
Según o concelleiro de Seguridade, Adolfo Nogueira, neste programa de mellora da seguridade vial estanse tendo en conta aquelas localidades con estradas e cruces que supoñen maior perigo para a circulación pola falla de visibilidade, sobre todo as que teñen máis uso tanto por vehículos utilitarios como por tractores, furgóns ou camións.