O concello do Carballiño, en colaboración coa dirección Xeral de Xuventude, organiza un Obradoiro de redes familiares “CIBERSEGURIDADE”, que terá lugar o 12 de xaneiro, ás 20,00 h., no salón de plenos do concello.
É un obradoiro da Dirección Xeral de Xuventude e o Centro Quérote +.
Vai destinado a pais, nais, tutores e profesores/as.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Carballiño a través da Dirección Xeral de Xuventude e o Centro Quérote + aposta por este espazo no que nais e pais poidan expresar as súas inquedanzas, dúbidas e dificultades, no que poidamos aprender conxuntamente e que todos e todas poidamos reflexionar sobre a seguridade nas redes sociais.