A concellería de Cultura financiou a grabación de temas de grupos de música e solistas locais co obxectivo de axudar a promocionalos. Un total de trece grupos e solistas participaron nesta iniciativa, que consistiu na edición nun estudio de grabación profesional dun tema de cada un deles, e que se poden escoitar e descargar en youtube: Cultura Concello Carballiño. Bandas locales de Carballiño.
Trátase de 4MAL QUARTET JAZZ, ACUARIO SONORO, AT de Ton, HIDDENSIDE, NEFTA LEE, THE JEZZ TRÍO, ROBERTO SOBRADO, THE IMPOSSIBLUES, SUSIE Q,s, IMPACTO DE VARSOVIA, NUBE KINGSTON, SUEÑOS DE ÍTACA e DIEGO MOSQUERA.
Son grupos e solistas cuxas traxectorias abarcan un amplo abano de estilos, desde jazz a rock pasando por blues, country, indie, pop, rap, funk, etc., e que en moitos casos contan xa con discografía editada.
Incluimos a continuación os enlaces de cada unha das cancións dos grupos e solistas incluidos nesta iniciativa da Concellería de Cultura:
4MAL QUARTET JAZZ “Puck up your Name”
ACUARIO SONORO “Caleidoscopio”
AT de Ton “Ritmo Ario”
HIDEENSIDE “Ayahuaska”
NEFTA LEE “Nada serio”
THE JEZZ TRÍO “Mercy for pictures”
ROBERTO SOBRADO “O meu barco”
THE IMPOSSIBLUES “Puntos Suspensivos”
SUSIE Q,s “47 Grados”
IMPACTO DE VARSOVIA “A miña familia”
NUBE KINGSTON “Vida de Bengala”
SUEÑOS DE ITACA “Circo de la Mediocridad”
DIEGO MOSQUERA “Funky”