A Área de Medio Ambiente do concello do Carballiño recorda á veciñanza a obrigatoriedade de comunicar previamente o lugar de depósito de residuos considerados voluminosos, co obxectivo de que este servizo poida establecer o itinerario para a recollida, que se efectúa os venres. Esta comunicación deberá facerse de luns a xoves, e de 08,00 a 15,00 h., chamando ao teléfono do concello (988 530007 –Ext. 347) ou directamente na Área de Medio Ambiente, na pranta baixa do concello.
Con moita frecuencia, estase dando a circunstancia de que algúns veciños deixan este tipo de residuos a carón dos contenedores calquera día da semana e a calquera hora, sen efectuar esta comunicación previa ao concello, polo que os residuos permanecen na vía pública durante varios días.
Para evitar este problema é absolutamente necesario respetar a ordenanza de recollida de lixo, que establece que os residuos voluminosos deben depositarse no Punto Limpo, ou ben deixalos a carón dos contenedores os xoves pola tarde, pero comunicando previamente ao concello o lugar do depósito para que se podan recoller os venres.