As brigadas municipais de Medio Ambiente e de Obras contan dende onte cun reforzo de dazaséis persoas, que terán como principais cometidos a limpeza e acondicionamento dos camiños e espazos naturais do termo municipal do Carballiño, así como a mellora da mobilidade peonil urbana, eliminando calquera tipo de barreiras arquitectónicas nas beirarrúas que dificulten o paso das persoas, sobre todo os coches de bebés, persoas maiores e aquelas que anden en sillas de rodas.
Trátase de oito albaneis e oito peóns forestais, que forman parte dun convenio asinado entre o concello e o INEM dentro dun programa de colaboración para a reinserción de persoas desempregadas. O período de duración dos contratos oscila entre os catro e os seis meses, según os casos, o que permitirá manter á maioría durante o verán.
O obxectivo é, por un lado, continuar o programa de eliminación de barreiras arquitectónicas nos espazos públicos, e por outro, limpar e acondicionar os camiños e espazos naturais, así como os camiños rurais.
LIMPEZA DO RÍO ARENTEIRO
Así mesmo, e como primeiro cometido, unha parte desta brigada de limpeza forestal, en colaboración cos medios técnicos e humanos de Protección Civil, proceden á retirada da ramaxe do río Arenteiro, sobre todo no tramo entre o parque municipal e o balneario, onde se vai a diputar o próximo sábado un torneo de piragüismo que traerá ao Carballilño a catrocentos palistas de toda Galicia.