• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

O CONCELLO RENDERÁ HOMENAXE AO CENTRO DA COMARCA DO CARBALLIÑO EN BOS AIRES CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO SEU CENTENARIO

9 noviembre, 2018

O CONCELLO RENDERÁ HOMENAXE AO CENTRO DA COMARCA DO CARBALLIÑO EN BOS AIRES CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO SEU CENTENARIO

O concello do Carballiño renderá homenaxe ao Centro Partido do Carballiño en Bos Aires co gallo dos actos do centenario da súa creación, que terán lugar a próxima semana na súa sede da capital bonaerense. En representación do concello acudirán a estes actos o alcalde, Fancisco Fumega; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, o portavoz do Grupo Popular, Argimiro Marnotes, e o portavoz do BNG, Xosé Francisco Ferreiro Abelleira.

O Centro Partido do Carballiño en Bos Aires ten programados tres actos para conmemorar o seu centenario. Terán lugar o xoves 15, o sábado 17 e o domingo 18 de novembro, na sede do centro en Vicente López.

O concello reeditou para esta ocasión o primeiro número da revista “Arenteiro”, creada polo Centro Partido do Carballiño en Bos Aires en novembro do ano 1931 e que, entre outros temas, inclúe a convocatoria da primeira asamblea xeral da Sociedade “Hijos del Partido de Carballino” e a primeira directiva que tivo este centro.

Nesta reedición especial, que consta de corenta páxinas, inclúense tamén os saúdas do alcalde e dos portavoces dos grupos da oposición pola celebración do centenario do centro.

Para esta ocasión, o concello editou tamén pins conmemorativos da efeméride do Centro Partido do Carballiño en Bos aires, destacando sobre o escudo da sociedade a celebración do centenario: 1818-1918.

Así mesmo, donarase ao centro un equipamento completo para a coción do pulpo (caldeira, aceiteira, pimenteira, saleiro, gancho e tesoiras), así como pratos de madeira grabados co escudo do centro e o motivo do seu centenario. Todos estes utensilios serán usados polos pulpeiros que viaxan coa delegación carballiñesa para a degustación de pulpo que será ofrecida nun dos actos programados polo centro.

Complementariamente aos actos programados polo Centro do Carballiño, o alcalde e concelleiros manterán diversas reunións co colectivo de emigrantes, así como con outras institucións. Entre elas figura a Fundación Universitaria del Río de la Plata. A instancia do concelleiro Francisco Ferreiro, este concelleiro e o alcalde manterán un encontro con representantes desta fundación co obxectivo de establecer un nexo de colaboración e convidalos a que visiten O Carballiño o próximo ano.

Finalmente, tamén está prevista unha visita á pranta da empresa de aeoroxeneradores GRI.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos