• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

O CONCELLO RENDERÁ UNHA HOMENAXE CUN CONCERTO NO AUDITORIO AO MESTRE VIDE, AUTOR DA MÚSICA DO HIMNO DO CARBALLIÑO

6 marzo, 2019

O CONCELLO RENDERÁ UNHA HOMENAXE CUN CONCERTO NO AUDITORIO AO MESTRE VIDE, AUTOR DA MÚSICA DO HIMNO DO CARBALLIÑO

O concello do Carballiño está organizando, en colaboración co gaiteiro Óscar Ibañez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, un concerto de homenaxe ao Mestre Vide, autor da música da canción titulada “Carballiño”, considerada como un himno do Carballiño.

A canción “Carballiño” foi composta por José Fernández Vide no ano 1952 sobre letra de Xosé Fariña Jamardo, que daquela era o secretario do concello. Débese á súa excelente relación con esta vila, debida á súa amizade con don Juan Corral, docente exemplar e grande afeccionado á música. De feito, Vide, á fronte do Orfeón Unión Orensana, actuou na consagración do Templo da Veracruz ese mesmo ano, cando ainda estaba a medio facer a torre.

Neste concerto, que se celebrará probablemente no mes de abril no auditorio municipal, ofrecerán unha escolleita de pezas para piano e canto a pianista Noemí Salomón Saavedra e a soprano Anais G. Fernández Cerneira. Entre estas cancións acharase o himno do Carballiño.

Precisamente, a finais do pasado ano, co gallo de celebrarse o 125 aniversario do nacemento do Mestre Vide, editouse un triple CD coa súa obra para piano e canto, que inclúe a canción “Carballiño”. Esta edición compleméntase cun libriño sobre a vida e a obra de Vide, onde tamén figura o texto do himno do Carballiño.

O concello do Carballiño colaborou na edición dos CDs, cuxo escudo figura na carátula do estuche xunto cos de outras institucións e entidades.

CARBALLIÑO
(Xosé Fariña Jamardo)

Na montaña no Ribeiro
O Carballiño foi nado,
paraíso feiticeiro
e saúde do emigrado.

Pobo grande e miragreiro,
de augas que curan os males,
frescas brisas do Arenteiro,
carballeiras e pinares.

Vranear eiquí é dozura,
do corpo groria e contento,
bo clima, moita fartura,
contino divertimento.

Si queres pásalo ben,
vén con nós ó Carballiño,
que é a terra do bo pan,
boa carne e mellor viño.

Non teñas penas, rapaza,
e pon os pés ó camiño,
que para pásalo ben
has de vir ó Carballiño.

Esta canción, que foi aprendida por varias xeracións de carballiñeses e carballiñesas na idade escolar, foi interpretada en diversas ocasións pola Coral do Casino do Carballiño que, de feito, a ten gravada nun dos seus CDs.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos