• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

O CONCELLO SOLICITARÁ UN CUARTO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA PARA SEGUIR FORMANDO A TRABALLADORES EN MATERIAS CON DEMANDA DE MAN DE OBRA

27 junio, 2019

O CONCELLO SOLICITARÁ UN CUARTO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA PARA SEGUIR FORMANDO A TRABALLADORES EN MATERIAS CON DEMANDA DE MAN DE OBRA

Ante o bo resultado do programa integrado de emprego de Galicia “Carbaemprega 2018”, que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que se está desenvolvendo actualmente, o concello do Carballiño solicitará un novo programa, que será o cuarto consecutivo, co obxectivo de seguir contribuindo á formación de traballadores en materias con demanda de man de obra, sobre todo aquelas vencelladas co sector industrial e metalúrxico, que no parque empresarial do Carballiño conta con dúas grandes empresas como son DIZMAR e GRI.

Así o anunciou hoxe o concelleiro Manuel Dacal, durante o acto de entrega de diplomas do curso de soldadura a 24 persoas inscritas no programa integrado de emprego de Galicia “Carbaemprega 2018”. Ao respecto, Dacal dixo que xa se están realizando os trámites para efectuar esta solicitude de cara ao próximo ano.

Manuel Dacal asegurou que a formación era o mellor camiño para a resinserción laboral e que por eso o concello seguiría apostando por continuar con este programa, que tantos éxitos ten acadado nestes últimos tres anos, con 130 persoas resinsertadas a día de hoxe no mercado de traballo.

Finalmente, agradeceu o traballo realizado no curso de soldadura polas empresas de formación Eurofirms e Inneria Solutions.
Ao acto tamén asistiron o responsable da empresa DIZMAR, Carlos Rivas, e o responsable da empresa de orientación laboral Beproxect, Eduardo García.

Carlos Rivas referiuse á necesidade de man de obra especializada no sector metalúrxico que hai neste momento, e non só no Carballiño, senón tamén en Vigo, onde se precisan máis de 2000 traballadores especializados en soldadura. Ao respecto dixo que as posibilidades de resinserción laboral increméntanse coa formación nesta materia así como coa mobilidade.

Eduardo García ofreceu os servizos dos técnicos en orientación laboral para axudar ás persoas integradas neste programa na búsqueda de emprego.

O primeiro programa integrado de emprego do ano 2017 contou coa participación de 60 persoas, e resinsertáronse no mercado de traballo 41. No segundo programa do ano 2018 participaron 85 persoas, e atoparon traballo 50 persoas. E neste terceiro programa integrado de emprego de Galicia “Carbaemprega 2019” participan 100 persoas, das cales a día de hoxe xa atoparon traballo 40 persoas, o que supón o 40% de reinserción. A previsión é que o final do programa a resinserción sexa do 45%.

Tras o remate e entrega de diplomas do curso de soldadura, nas próximas semanas e meses levaranse a cabo os cursos específicos de auxiliar de almacén e forestal, que son os outros dous módulos que forman parte do programa, e dos que se espera tamén unha boa porcentaxe de reinserción laboral.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos