O conservatorio profesional de a escola municipal de música celebrarán a audición de fin de curso o próximo martes, 4 de xuño, ás 20,00 h., no auditorio municipal Mauel María.
MATRÍCULAS
Así mesmo, desde o 27 de maio e ata o 5 de xuño, ambos inclusive, permanece aberto o prazo de matrícula para as probas de acceso a 1º Grao Profesional e para as probas de aptitude a 1º de Grao elemental.
Estas matrículas formalizaranse na área de Educación do concello, na 2ª pranta da casa consistorial.
Finalmente, comunícase que a pre-inscrición para as matrículas do curso 2019/20 poderá realizarse do 25 de xuño ao 10 de xullo.
No próximo curso haberá unha nova materia, Música e Movemento, para nenos e nenas de 5 e 6 anos.
Esta materia incorporase ás que xa existen, como vento-metal, vento-madeira, percusión, etc.
Lémbrase que a idade mínima para cursar un instrumento é de 7 anos, e para canto de 15 anos.