O Coro de Cámara Música Viva do Carballiño participará este sábado, 2 de xuño, nun concerto que terá lugar na Igrexa Santa María de Luou, en Teo, con motivo da celebración do XIX Encontro de Corais Igrexa de Luou.
A agrupación musical carballiñesa, que foi invitada pola Coral de Luou, compartirá a súa actuación co Coro da Capela da Divina Comedia, de Bembibre (León).
Hai unha semana, o Coro de Cámara Música Viva do Carballiño logrou o segundo premio no VI Certame Galego de Corais “Vila de Arbo”, acadando o recoñecemento do xurado e do público, e durante este próximo mes de xuño ten concertadas outras dúas actuacións, desenvolvendo un intenso programa que proseguirá durante todo o verán.