• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

O CORO DE VOCES BRANCAS DA ESCOLANÍA DE SEGOVIA INAUGURA ESTE VENRES, 6 DE MARZO, NO TEMPLO DA VERACRUZ O XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PÓRTICO DO PARAÍSO

5 marzo, 2020

O CORO DE VOCES BRANCAS DA ESCOLANÍA DE SEGOVIA INAUGURA ESTE VENRES, 6 DE MARZO, NO TEMPLO DA VERACRUZ O XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PÓRTICO DO PARAÍSO

Por primeira vez nos trece anos de historia do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, a sesión de apertura non terá lugar na catedral de Ourense, senón no Templo da Veracruz do Carballiño, e o fará  cun concerto do coro de voces brancas da Escolanía de Segovia, que é un referente da música coral en España.

O concerto, que é de entrada libre ata completar o aforo, comezará ás 20,30 h deste venres, 6 de marzo, e ofrecerá un repertorio variado, ameno e novedoso, que vai dende a música sacra ata o jazz, pasando polo barroco ou incluso a música africana.

A Escolanía de Segovia é un coro de voces brancas, dirixido por María Luisa Martin, que conta con vinte anos de historia e unha traxectoria de gran prestixio. Así, ten participado en numerosos festivais, mostras corais e acontecementos destacados, como a XLIV Semana de Música Religiosa de Cuenca, a inauguración do auditorio Miguel Delibes de Valladolid, Auditorio Nacional de Madrid, XXIII Festival de Música Española de León, VII Festival Internacional de las Artes de Castilla y León ou diversas edicións da Semana de Música Sacra de Segovia e do Festival de Segovia.

A Escolanía realizou colaboracións con prestixiosos coros, orquestras, artistas e directores, como o coro e orquestras nacionais dirixidos por Frühbeck de Burgos, o Coro e Orquestra Barroca de Ámsterdam dirixidos por Tom Koopman, a Orquestra Sinfónica de Castilla y León dirixidos por Alejandro Posadas, Coro de la Comunidad de Madrid e a OSCyL dirixidos por Jesús López Cobos e por Lionel Bringuíer, o Coro e a Orquestra de RTVE dirixidos por Semyóm Bychkov, a Coral y Orquesta Politécnica de Madrid, a Orquesta Carlos III de Madrid, o cantautor Amancio Prada  e os grupos La Carraca, a Capilla Jerónimo de Carrión e Los Calchakis,

O evento foi presentado esta mañá no concello do Carballiño polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o director artístico do festival, Juan Enrique Miguéns e a coordinadora do mesmo, Conchi da Silva.

Francisco Fumega agradeceu a deferencia da Asociación Pórtico Musical por elexir O Carballiño como lugar de inauguración do festival, e por traer este concerto da Escolanía de Segovia ao Templo da Veracruz, nun ano no que o concello do Carballiño desenvolverá un programa extraordinario con motivo do 75 aniversario da morte de Antonio Palacios, que deseñou o templo. “É un orgullo e un pracer poder disfrutar no Carballiño e nun marco tan emblemático como é o Templo da Veracruz dun concerto de música deste nivel”, dixo o alcalde.

Juan Enrique Miguéns dixo, en correspondencia coa declaración do  rexidor municipal carballiñés, que “os agradecidos somos nós, pois necesitábamos un lugar cunhas características acústicas e de capacidade moi concretas, e  queremos recoñecer o esforzo do Concello do Carballiño por colaborar coa  organización deste evento”. Ao respecto, lembrou que era a primeira vez que a inauguración do festival non ía a ter lugar na catedral de Ourense, e que estaba satisfeito de que O Carballiño ofrecese un encaixe perfecto para este concerto.

Resaltou as cualidades e  a traxectoria do coro de voces brancas da Escolanía de Segovia, e dixo que ía ofrecer un repertorio variado, ameno e novedoso. Destacou que se trata dunha formación moi interesante, composta por 50 voces, e que nalgunhas pezas acompáñase con piano e incluso con percusión. Desde logo, dixo, será un concerto moi atractivo e nada habitual na provincia de Ourense. Finalmente, animou á xente a que se volque neste concerto e acuda a disfrutar ao Templo da Veracruz.

Conchi da Silva engadiu que por parte da Escolanía de Segovia hai un gran entusiasmo por esta actuación, e que incluso hai moitos familiares que veñen acompañando ao coro, e que esperan disfrutar das excelencias do Carballiño e de Ourense durante a fin de semana. Por este motivo, dixo que o festival, ademais da faceta musical, ten unha vertente de promoción turística, dando a coñecer Ourense e a provincia, e situala como referente dun gran evento musical como é o Festival Pórtico do Paraíso.

Diego Fernández, finalmente, expresou o seu orgullo por esta oportunidade de que O Carballiño acolla un evento musical do máximo nivel e interese, e ainda máis por ter lugar no Templo da Veracruz nun ano no que se lle vai render homenaxe ao arquitecto Antonio Palacios.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos