Este domingo, 10 de marzo, establecerase un sistema restrictivo de tráfico que afectará tanto a circulación como ao aparcamento nas rúas máis céntricas así como nas adxacentes a Otero Pedrayo.
O desfile-concurso de comparsas da tarde do domingo suporá que, a partir das 10 da mañá, non se poderá aparcar nas rúas Otero Pedrayo, Xosé Fariña Jamardo, Ben Cho Sey e Conde Vallellano.
E a partir das 5 da tarde, e mentres dure o desfile, non se poderá circular polas rúas Conde Vallellano, Xullo R. Soto e Calvo Sotelo.
Así mesmo, a rúa Martínez Avellanosa cortarase á altura de Marcelino Parrondo, e a rúa Aldara quedará cortada na praza do Cercis pola ubicación do escenario da orquestra Pincipal fronte ao concello e a Praza Maior.
Desde o concello pídese a colaboración veciñal e de visitantes para contribuir ao desenvolvemento dos actos da Festa da Cachucha, procurando aparcar e circular fóra destas céntricas rúas polas que descorrerá o desfile das comparsas e folións.