O Enterro da Sardiña celebrarase na carpa da Praza do Emigrante ás 19,00 h., coa escenificación de Aspidisi Ao termo haberá chocolatada. E antes, ás 18,30 h., a Escola de Danza fará unha exhibición: Actuación de ballet (Las mariposas); actuación de funky (Michael Jackson), e actuación de Zumba Fitness (Disco).
A previsión de chuvia motivou o traslado da Praza da Maior, onde estaba previsto facer o Enterro, á Praza do Emigrante.