O Club Aehde O Carballiño puxo en marcha esta tempada unha nova sección coa creación do equipo de show de patinaxe artística e esta fin de semana debutou en Burgos no Trofeo Cid Campeoador que reuniu a clubs de Cataluña, Madrid, Castela León e Galicia. A nova sección está formada por doce patinadoras que combinan a patinaxe colectiva coa modalidade de libre individual e a dirección técnica recae sobre Erea Abalde.
Logo do debut en Burgos, o Club Aehde participará no Campionato Galego de Segunda División a celebrar a final de mes en A Coruña e en varios torneos na xeografía peninsular, un deles a celebrar en O Carballiño.
Coa creación do grupo de show o Club de Patinaxe Aehde está composto por cinco sección que abarcan todas as modalidades e disciplinas: patinaxe artística individual, Escola de Patinaxe, Patinaxe en Familia, grupo de adultos e show.