O escritor Óscar Fernández Vázquez, con ascendencia en Sagra e Córcores, e residente en México, presentará este xoves, 13 de setembro, ás 20,00 h., no Casino, a súa obra literaria.
O acto enmárcase na xira que o escritor está realizando por toda España baixo a denominación de “La última parada”, e consistirá na exposición das súas novelas, basadas na realidade social do mundo contemporáneo; así como na proxección de documentos audiovisuais que amosan esta realidade, Tamén contará cun complemento de poesía e música.
Óscar Fernández leva publicadas nove novelas dende que vira a luz no ano 2004 a primeira, titulada “Inframundo”, inspirada en Haití: unha experiencia que case lle costa a vida, según declara o autor. Recentemente viaxou a Palestina onde se baseou para publicar a novela “El síndrome del ego”.
Esta é a segunda gran xira que este escritor realiza por España, México e outros países, para dar a coñecer a súa obra, e que agora o fai no Carballiño, onde residen actualmente os seus pais.