Continuando coa programación cultural dirixida especialmente ao público infantil e familiar, este domingo, 19 de xullo, estará na explanada no parque municipal (fronte ao monumento dos Irmáns Prieto) Uxía Lambona e a Banda Molona, que ofrecerán o seu espectáculo a partir das 20,00 h., coa entrada totalmente de balde e coas normas de seguridade e prevención establecidas polo covid 19.
Este espectáculo realízase dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.